Volver


27/01/2017

AS AREAS Q-BED RECIBEN UNHA MENCIÓN EN GRANDAGRO SILLEDA POLA INNOVACIÓN NA REVALORIZACIÓN DUN PRODUTO EN CAMA PARA VACAS E O DESENVOLVEMENTO DUNHA APP MÓBIL PARA UNHA MELLOR XESTIÓN

O xurado destacou a capacidade de reinvención aproveitando un subproducto, aumentando a versatilidade e a seguridade conseguindo a revalorización das areas de sílice de Erimsa en camas para vacas que cumpren estritos estándares de calidade, salubridade e hixiene.

As areas Q-Bed de Erimsa obtiveron unha mención no Concurso de Innovación da Feira GrandAgro Silleda. O xurado recoñeceu o valor, o proceso de produción con altos estándares de calidade, o sistema de loxística e transporte e a creación dunha app móbil desenvolvida pola compañía para Q-Bed pola súa ?capacidade de reinvención aproveitando un subproducto, aumentando a versatilidade e a seguridade, e conseguindo a revalorización do produto?.´
O xurado, composto por profesionais vinculados ao sector gandeiro, tamén tivo en conta que se trata dun material inorgánico que garante unha mellor salubridade e hixiene nos cortellos, proporciona maior confort animal debido a que é un produto de partículas finas redondeadas que se someten a un proceso de lavado que evita o endurecemento e garante unha cama branda, confortable e fácil de moldear para as vacas.
Os veterinarios recomendan a utilización das areas Q-Bed nos cubículos onde repousan as vacas criadas en estabulación libre porque, no seu conxunto, proporciona unha cama seca e fresca, que impide a proliferación de microorganismos e axentes patógenos que causan as infeccións. É unha das principais vantaxes fronte a outros materiais convencionais, como a palla ou o serrín, que, debido ás súas características, poden converterse en vehículos transmisores de enfermidades.
Co desenvolvemento deste innovador produto, Erimsa contribúe á modernización e ao incremento da rendibilidade das explotacións gandeiras, xa que está demostrado que un mellor descanso animal está directamente relacionado co incremento da produtividade das vacas de leite.
Así mesmo, o departamento de innovación primou que as areas resulten fáciles de manexar para os gandeiros, que teñen á súa disposición un material inorgánico sometido aos estritos estándares de calidade de Erimsa, coa granulometría idónea para garantir unha boa drenaxe, sen arxilas que poidan producir apelmazamientos.
A compañía está a informar aos gandeiros sobre as características das areas Q-Bed no Pavillón 2-Caseta A11 da Feira Abanca Cimag-GrandAgro, que permanecerá aberta ao público ata este domingo.