Volver


25/01/2017

AS AREAS Q-BED OPTIMIZAN O TRABALLO DOS GANDEIROS AO MELLORAR O DESCANSO DAS VACAS CRIADAS EN ESTABULACIÓN LIBRE CONTRIBUÍNDO Á MODERNIZACIÓN DO SECTOR

Erimsa informará os gandeiros sobre as vantaxes de utilizar as areas Q-Bed como cama para vacas na caseta da Feira Abanca Cimag-GrandAgro de Silleda, situado no Pavillón 2-Caseta A 11

Erimsa comprobou que as areas de sílice Q-Bed contribúen a modernizar e aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras, xa que este innovador produto mellora a salubridade dos cortellos e incrementa a produtividade das vacas de leite ao proporcionar un maior confort animal.
Os veterinarios recomendan o uso de Q-Bed como cama para gando vacún criado en estabulación libre fronte a outros materiais convencionais, como a palla ou o serrín, máis propicios á aparición e transmisión de enfermidades.

INNOVACIÓN
Q-Bed é o resultado dun proxecto de innovación de Erimsa, que detectou entre os profesionais das explotacións gandeiras de Galicia a necesidade de dispoñer dun material máis hixiénico nos cubículos das granxas. O departamento de innovación da compañía desenvolveu este produto inorgánico, que garante unha cama fresca e seca ás vacas e impide a proliferación de microorganismos e axentes patógenos que causan as infeccións.
Erimsa selecciona minuciosamente as areas para asegurar a súa homoxeneidade poñendo a disposición dos gandeiros exclusivamente areas de partículas finas redondeadas, que proporcionan maior suavidade e comodidade e se amolda aos corpos dos animais. Os veterinarios aconsellan repouso de calidade das vacas produtoras de leite un mínimo de 12 horas diarias, xa que unha redución do tempo ten repercusións negativas en aspectos como a saúde das patas, o desempeño reprodutivo, a calidade e produción do leite e a taxa de refugallo.
Así mesmo, o departamento de innovación de Erimsa priorizou que as areas resulten fáciles de manexar para os gandeiros, que contan cun material coa granulometría idónea para asegurar unha boa drenaxe, sen arxilas que poidan producir apelmazamientos.

GrandAgro Innova 2017
As areas Q-Bed optan ao premio GrandAgro Innova 2017, co que a organización da feira de profesionais pretende recoñecer as solucións achegadas polas empresas para lograr unha maior eficiencia tecnolóxica no sector primario.

Presenza na Feira Abanca Cimag-GrandAgro
A compañía informará os gandeiros das vantaxes de utilizar estas areas na segunda edición da Feira Abanca Cimag-GrandAgro, que se inaugura o xoves 26 de xaneiro en Silleda. A caseta está situado no Pavillón 2-Caseta A 11.