A Asociación Galega de Áridos (A.G.A.) é unha entidade sen ánimo de lucro que representa a aquelas empresas galegas que desempeñan a súa actividade dentro do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución destes.

A Asociación constituíuse na década dos 80, co obxectivo principal de promocionar o sector dos áridos fomentando a actitude colaborativa entre as empresas que o compoñen, se ben os fins concretos están recollidos nos estatutos da entidade.

Na actualidade, A.G.A. conta con máis de 50 membros asociados entre as catro provincias da Comunidade Galega. Ademais, dispón dunha amplia carteira de contactos e entidades coas que asinou convenios de colaboración beneficiosos para ambas partes e que redundan nun mellor servizo ós socios.

Dispón dunha nova sede preto cidade de Santiago de Compostela, que sustitúe ó xa histórico domicilio inicial fixado en Pontevedra. Dende estas modernas instalacións, estratéxicamente situadas preto da capital da comunidade, lévase a cabo unha intensa actividade de contacto coas administracións e a posta en marcha de novas actividades encamiñadas á mellora xeral do sector dos áridos.